O CPEIG informou en detalle das cousas que debemos facer para salvagardar a nosa información
O pasado mércores 28 de xaneiro conmemorouse a nivel internacional o Día Europeo da Protección de Datos e unha das entidades galegas máis comprometidas á hora de salientar o valor do coñecemento e a comunicación nas mellores condicións, o CPEIG, celebrouno con diversas accións divulgativas convocadas coa arela compartida de pór de relevo consellos útiles para a cidadanía.
O CPEIG informou en detalle das cousas que debemos facer para salvagardar a nosa información
O pasado mércores 28 de xaneiro conmemorouse a nivel internacional o Día Europeo da Protección de Datos e unha das entidades galegas máis comprometidas á hora de salientar o valor do coñecemento e a comunicación nas mellores condicións, o CPEIG, celebrouno con diversas accións divulgativas convocadas coa arela compartida de pór de relevo consellos útiles para a cidadanía. As accións máis destacadas foron dúas, por unha banda o emprazamento dun stand informativo no Centro Comercial Compostela na xornada do 28 e, pola outra, o subministro dende a web do Colexio dunha serie de consellos a ter moi en conta para evitarmos, como integrantes que somos da sociedade dixital, que a información en troques dunha vantaxe remate por converterse nun problema.
Polo que se refire ao posto informativo situado no Centro Comercial Compostela (El Corte Inglés), sinalar que contou coa presenza da enxeñeira colexiada Pilar Vila, que asesorou (desde as 19 horas ata as 22) aos clientes do emprazamento comercial compostelán sobre aquelas medidas necesarias para que os usuarios de Internet garantan a súa privacidade. O CPEIG puxo a disposición dos clientes folletos informativos que elaborou o propio Colexio para contribuír a que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos.
Ao fío da dita celebración e aproveitando as cuestións que pon de relevo, o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia informou que considera de “moito interese” que a sociedade galega “tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección da información”. En base a isto, o CPEIG divulgou dende a web de seu dende o stand compostelán unha listaxe de consellos para contribuír a “unha sociedade dixital na que a cidadanía debe ser consciente tanto de todas as oportunidades coma dos riscos que ofrece a Internet”.
Consulta a noticia