

FORMACIÓN PARA O EMPREGO
ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS (AFD)
Acción formativa cofinanciada por fondos da Xunta de Galicia e Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Centros ofertantes:
Previsonor SL e Formación y Normalización SL
Número de alumnos:
15
Denominación do curso:
Dirixido a:
Actividades de Venda (COMV0108) da familia profesional Comercio e marketing
Persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia en data anterior á súa incorporación ao curso.
Obxectivo do proxecto:
Reinserción laboral de persoas traballadoras desempregadas naqueles empregos que require o sistema productivo.
Características do curso:
Datas e calendario: data de inicio 1 agosto de 2019 e data de fin 12 de decembro de 2019, en horario de 08:00 a 15:00 h.
Número horas totais: 608 horas (incluídas 80 horas do módulo de prácticas non laborais e 18 horas de módulos transversais)
Certificado de profesionalidade nivel 2
Requisitos de acceso:
- Ter superadas as probas das competencias clave de nivel 2 correspondentes.
- Dispor dun certificado de profesionalidade de nivel 2 ou nivel 3, ou tamén de nivel 1 sempre e cando sexa da mesma familia e área profesional que o certificado ao que se opta.
- Ter o título de ESO ou equivalente, ou titulacións que dean acceso a ciclos de grado medio.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos de grado medio ou proba de acceso á universidade.
- Ter superados todos os módulos obrigatorios dun PCPI
Perfil requirido:
Alumnado motivado para formarse na familia profesional de comercio e marketing, con perfil orientado á venda e comercio, que teña interese en cualificarse en aspectos relacionados coas operacións de venda, operacións auxiliares de venda, información e atención ao cliente/consumidor/usuario e inglés profesional para actividades comerciais.
Proceso de selección:
Data: 24 de xullo de 2019 ás 10:00 h
Lugar: Grupo ISONOR, na Avda. de Gregorio Espino, nº52-P4, 36205, Vigo
Teléfono de contacto: 986 229 673
(acudir provist@s de DNI)

