FORMACIÓN PARA O EMPREGO
ACCIÓNS FORMATIVAS DIRIXIDAS PRIORITARIAMENTE A PERSOAS DESEMPREGADAS (AFD)
Acción formativa cofinanciada por fondos da Xunta de Galicia e Ministerio de Empleo y Seguridad Social
Centros ofertantes:
Previsonor SL e Formación y Normalización SL
Número de alumnos:
15
Denominación do curso:
Dirixido a:
Xestión comercial de ventas (COMT0411) da familia profesional Comercio e Marketing.
Persoas traballadoras desempregadas inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia en data anterior á súa incorporación ao curso.
Obxectivo do proxecto:
Reinserción laboral de persoas traballadoras desempregadas naqueles empregos que require o sistema productivo.
Características do curso:
Datas e calendario: data de inicio 5 agosto de 2019 e data de fin 10 de decembro de 2019, en horario de 08:00 a 15:00 h.
Número horas totais: 628 horas (incluídas 80 horas do módulo de prácticas non laborais e 18 horas de módulos transversais)
Certificado de profesionalidade nivel 3
Requisitos de acceso:
- Ter superadas as probas das competencias clave de nivel 3 correspondentes.
- Dispor dun certificado de profesionalidade de nivel 3 ou nivel 2 da mesma familia e área profesional que o certificado ao que se opta.
- Ter o título de Bacharelato (LOE, LOGSE) ou equivalentes, ou titulacións que dean acceso a ciclos de grado superior.
- Ter superada a proba de acceso a ciclos de grado superior ou proba de acceso á universidade.
- Ter título de grado medio e ter superado curso de formación específico para o acceso a ciclos de grado superior.
Perfil requirido:
Alumnado motivado para formarse na familia profesional de comercio e marketing, con perfil orientado á venda e comercio, que teña interese en cualificarse en aspectos relacionados coa organización comercial, xestión da forza de vendas e equipos comerciais, operacións de venda, promocións en espacios comerciais e inglés profesional para actividades comerciais.
Proceso de selección:
Data: 24 de xullo de 2019 ás 10:00 h
Lugar: Grupo ISONOR, na Avda. de Lugo, nº 145-15703 – Santiago de Compostela
Teléfono de contacto: 981 062 590
(acudir provist@s de DNI)